| CORRECHOUSO's profileCorrechouso Para O MundoPhotosBlogLists | Help |
June 11 O CASTELO E O PARADOR DE MONTERREI O CASTELO
Por este fermosísimo castelo do século XV, pasaron varias linaxes :os Ulloa, os Zúñiga, os Viedma, Fonseca, Acebedo a por último os Duques de Alba. Na Idade Media, o conde de Monterrei dominaba dende alí tódolos seus vasallos.
Conta con tres recintos diferenciados cun estado de conservación bastante bo e coa iglexa parroquial de Sta María.
Dominando todo o val, érguese maxestuoso. Esa posición permite comtemplar unhas fermosas vistas dende o alto da súa torre maior. Está rodeado de viñedos propiedade de xente moi importante como o diseñador de moda Roberto Verino.
O PARADOR DE MONTERREI.
Nada mellor para comtemplar á vez o castelo e todo o val que o fermoso Parador de Monterrei. Alí, únense os elementos enxebres, unha gastronomía típica galega e as comodidades que satisfacen as máis grandes esixencias. Con aires de Pazo Galego e nun entorno envidiable.
Para máis información e reservas, pincha na seguinte imaxe:
VERÍN E COMARCA VERÍN
A dezasete kilómetros de Laza e a uns 25 de Correchouso, Verín ofrece todo o que se pode esperar dunha cidade. Vixiada perennemente polo castelo de Monterrei, a escasa distancia da fronteira con Portugal,con numerosísimos atractivos, Verín é o punto de referencia e encontro de toda a comarca que engloba. Cunha oferta de servizos moi numerosa.
INSTALACIÓNS E SERVIZOS
Verín conta cun Hospital e centro de especialidades, centro de saúde, numerosas farmacias, e medicina privada.
Por outro lado temos un polideportivo con piscina cuberta, as piscinas municipais, unha praia fluvial,
e unha oferta numerosísima de supermercados, tendas de roupa, electrodomésticos, móbeis e todo aquelo que se poida necesitar.
AS FEIRAS
Tres veces ó mes, Verín ferve.O día 3, o 11 e o 23. O mercado ó redor da praza atrae a moita xente que non só busca unha boa compra senón tamén atoparse cos coñecidos, charlar con eles....e se se tercia tomar o pulpo.
AS FESTAS
Ou quizás mellor sería falar da FESTA RACHADA. Pola súas características Verín recolle a tódala xuventude dos arredores e un número cada vez máis numeroso de xente de Portugal en busca de diversión.... e non falla nas espectativas, de novo o redor da Praza está cheo de pubs cunha oferta variada en canto a música , que últimamente se amplía polas rúas cercanas. Tamén as discotecas , a última hora da noite (ou sería mellor decir á primeira da máñá) chaman á xente con oferta de espectáculos diversos. Pero as festas locais por excelencia son o Entroido de Verín e o Lázaro . A primeira máis universal, a segunda máis recollida , pero ambas cheas de atractivos. O Entroido en Verín comeza ca gran festa das mulleres, sí, sí, só das mulleres o xoves de Comadres. Cea e diversión só para mulleres ....o encanto desta noite en Verín é que saen as avoas, as nais, as sogras, as tías, as fillas, as sobriñas.....e algún que outro que non se quere perder tal escaparate de "femias" e se disfraza de muller (alguén lles debería explicar que muller non é igual que "puta"....porque máis ven van do segundo...)Tomada por mulleres, Verín vibra.........vibra de verdade.
Os cigarróns son a figura dominante do entroido, eles dirixen os desfiles , moi chamativos, e os seus cencerros son a música ambiental tamén no Entroido de Verín.
O Lázaro, sete semanas despois co entroido (pra dar tempo a recuperarse) é outra festa chea de música, marcha, e xogos para os máis pequenos.
Por último destacar as festas que surxen en Verín no verán, entre as que destaca a "Batukada" (unha reminiscencia do entroido, para todos aqueles que naquelas fechas non poden acudir ) ou o festival folk .
ONDE COMER E DORMIR
A oferta é moi amplia, hoteis, parador, pensións e moitísimos restaurantes. Aquí eu destaco os que para mín son máis atractivos: Para dormir, o Parador, á beira do castelo de Monterrei ou o Hotel Restaurante "O Gallego". Para comer, ademais deses dous tamén me parece destacable
MÁIS INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE
June 09 LAZA ,O NOSO AXUNTAMENTOLAZA
LAZA É A NOSA VILA MÁIS CERCANA. CONSERVA A TRANQUILIDADE RURAL E O CONTACTO DIRECTO COA NATURALEZA E TEN Á VEZ TÓDOLOS SERVIZOS: AXUNTAMENTO, CENTRO DE SAÚDE, FARMACIA, COLEXIO "O CASTIÑEIRO" (HASTA SEXTO DE PRIMARIA), VARIAS TENDAS, BANCOS, UNHA PISCINA NATURAL , UN POLIDEPORTIVO, UN ALBERGUE DE PEREGRINOS E POR TER, INCLUSO TEN UNHA BASE DE HELICÓPTEROS DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS.
FESTAS
A festa por excelencia en Laza é o entroido....en realidade non se vive como unha festa normal , senón con verdadeira devoción. Os peliqueiro
s son os mandamáis do entroido, eles mantén o orden e pon a música máis especial eses días. As formigas, o luns , son as responsables de que Laza se poña a rebentar de xente de tódolos lugares, a morena, a bica do peliqueiro, o folión ......todo vale para perdernos entre a xente, porque se algo caracteriza ó entroido de Laza é que te sumerxe na festa, te integra, non eres un mero espectador. Outra festa , de non tanta sona, pero tan cargada de elementos da tradición do pobo é o SANTO CRISTO (1 de maio), nesa festa hai una fermosa procesión a través dos cruceiros do pobo, en cada cruceiro os danzantes deléitannos coas súas danzas, preside a procesión un Adán e unha Eva , a identidade desta última é un dos segredos mais guardados, só se sabe ese mesmo día. Está obligada a non lle rir as gracias ó Adán ,cousa a veces moi difícil.O sinal de que está a punto de comenzar a festa é o "maio" plantado enfrente do axuntamento.
O SAN XOAN, a NOITE CELTA, son outras celebracións na vila.
ACTIVIDADES DE OCIO E TEMPO LIBRE
A variada orografía do axuntamento fan que o sendeirismo, o ciclismo , as rutas sean moi variadas, abundantes e atractivas.
A ruta de Travesa, a ruta da Armada, a pista do Marroquí, a ruta das minas, a Vía da Prata, o val do Támega......
En canto a outras diversións, contamos co polideportivo (pódese alquilar por horas ), as piscinas naturais no río, un campo de fútbol con herba natural ....
Para repoñer forzas , un novo restaurante "Casa Elena" a tres Km se chega de Laza, en Souteliño, ademais dos restaurantes da misma vila.
E xa para dormir conta Laza cun albergue de peregrinos, unha casa rural, e unha pensión....ademais de ofrecer alugueres particulares.
Algún Axuntamento de Laza: 988 42 20 02
Protección Civil de Laza: 988 42 21 12
Centro de saúde: 988 42 22 17
Complexo "O Rebentón": 988 42 20 61
Casa rural "O Boutallón": 988 41 41 72
Albergue de peregrinos: 988 42 21 12
LINKS CON MÁIS INFORMACIÓN DE LAZA
May 19 NOVEDADESiiiiiiiiiiiiiiiiiii NUEVO !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
...HISTORIA DEL PUEBLO A TRAVÉS DE SUS GENTES:entrevista a Consolación.
....LA CARACOCHA DEL CASTAÑO: la queimada,diccionario sexual gallego.
....CONCURSO: después del primer intento, el sábado pondremos de marcha el concurso. Aparecerá una foto de la cual habrá que adivinar el lugar. Participa. .
....CORRECHOUSO PARA EL MUNDO.Ahora la página en español e inglés. .
.....NUEVAS FOTOS DE LAS CASAS Y LAS GENTES.
/ / / / / ██ |
|
|||||
|
|