CORRECHOUSO님의 프로필Correchouso Para O Mundo사진블로그리스트 도구 도움말

블로그


    5월 19일

    LEYENDAS Y CUENTOS

     (((((((PENDIENTE DE TRADUCCIÓN.....DISCULPEN LAS MOLESTIAS)))))

     

    -------------------------O CIPRIANILLO--------------------------------

    Fálase en Correchouso de certo libro máxico que rondaba polo pobo titulado "CIPRIANILLO" .Un libro de bruxería, de demos, de tesouros.Quen o tuvo nas súas maus e abriu as súas páxinas non quere nin falar do que alí leu.Conxuros, maleficios,maxia negra e ..... Actualmente non se coñece o paradeiro desde exemplar embruxado.

     

     

     

     

     

     

    --------------------OS CORVOS------------------------------------------------------------------

     

    Estas aves negras son de mal agüero, cando desde Correchouso se oen insistentemente ou cuando voan formando unha cruz dícese que rondan un alma en pena ou que anuncian unha inminente morte.

     

     

    IMG src="http://pobladores.lycos.es/data/pobladores.com/ca/nd/candelasss2005/channels/candelassspoblado/images/4125318clouds.gif">

     

     

     

     

     -

     

    ------------------ CANDO O CAN FAI COMO O LOBO--------------------------------

    auuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu

     

     

    Outro mal agüero, é que algún dos cas do pobo se poña a oulear coma o lobo diante dalgunha casa, e máis se hai alguén enfermo nela.....ese ouleo lastimeiro anuncia a pena do final que chega...

     

     

     

     

     

     

     

     

     

    -----------------------------  A SANTA COMPAÑA -------------------------------------

                            

     Ser ánimas é o noso futuro. Así viviremos despois da nosa morte.A Santa Compaña é unha procesión de ánimas que acompañan sempre a un vivo para facerlle ver que o están esperando...Ás veces lévanno xa no ataúde. Son espectros invisibles que normalmente se mostran a familiares da ánima que queren levan con eles.

    "A Santa Compaña
    (poema celta)

    Por veces recordo camiños  perdidos
    que sólo transitan persoas feridas,
    como almas en pena sen destino certo,
    largas procesións que buscan a vida.

    Marchan pola senda do silencio grave,

    coa vista fixa, sen decir palabra.

    A xente do pobo sabe de quen falo,

    só que a miran sen querer nombrala.

    Ambulan veredas de bosques cerrados

    sempre acompañados de lúa en menguante

    e cruzan os surcos de trigales baixos,

    véndose ó lonxe como agonizantes.

    Dicen que nas noites de niebla temprana

    alumbran o seu paso con candiles tenues.

    Non  se ven estrelas, os cas non ladran,

    como por respeto á
    Santa Compaña...

     

     

     

     

     -

     

    ----------------------- AS ÁNIMAS DO PURGATORIO --------------------------------

    Cando nos vamos deste mundo, vivimos para sempre en forma de ánimas....pero non todas as ánimas alcanzan a felicidade eterna...algunhas viven no purgatorio queimándose e penando porque algo lles quedou por facer no noso mundo.

     

     A única maneira de deixar o purgatorio é saldar as contas pendentes....as ánimas do purgatorio aparécenselle a familiares ou amigos e pídenlle que paguen aquela misa que lles quedou por pagar ou que fagan aquelo que lles quedou pendente....só cuando o consiguen desaparecen e viven para sempre fora do temeroso purgatorio.

     

     

     

     

     

     

    ------------------------------------ OS ASUSTANENOS -------------------------------

     

    Todos os pais e avós se encargaban de que os nenos souberan os peligros ós que se enfrentaban cando se portaban mal ou cando traspasaban os límites do pobo.... Dous homes malos estaban desexando escapaiiiipillar os nenos e facerlles o peor.... O Sacaúntos e o temible Home do Saco.Estes contos valían para que os rapaces se desen conta do horrible que sería ser capturados por eles:

    "O Home do Saco"

    Polos pobos viaxaba un home cun saco ó lombo.Cada vez que chegaba a un novo pobo ía a praza e sentábase nunha pedra co saco ós pés. Cando se reunía a xente ó seu redor, sacaba un coitelo moi grande e berraba:"canta saco canta, si no te meto la lanza" .....e o saco empezaba a cantar  cunha voz fermosísima. Un día fíxoselle de noite nun pobo e pediu casa pra quedar a durmir, ofreceulla unha muller que tiña unha nena pequena na casa. A esa nena picoulle a curiosidade....cómo sería un saco máxico por dentro...así que esperou que caira a noite e cando o oiu os ronquidos do home ,entrou á habitación e abriu o saco..........dentro había nenos pequenos como ela, famélicos e temerosos.....eran os nenos os que cantaban baixo a amenaza da lanza.....a nena quixo botarse a correr e contarllo a súa mai, pero o home do saco despertou e meteuna cos demais no saco.En canto foi de día, o home  colleu o pesado saco e seguiu o seu camiño, parando aquí e alá presumindo do seu "saco máxico".Da nena nunca máis se soupo.

     

    " O Sacaúntos ou Sacamantecas"

    TEXTO MIENTRAS CARGA LA IMAGEN

     

     Era un home grande e mal vestido, cunha mirada terrible. Escondíase nas inmediacións dos pobos esperando coller algún neno....cando algún se acercaba collíao e sacáballe o unto, toda a graxa ....desfacíaos como se fosen un porco para quitarlla. Unha vez tiñan o unto marchaban ó bosque onde o comía pra volverse forte e vigoroso coma os nenos.Cada vez que un neno se alonxaba do pobo....o seu fin era terrible.

     

     

     

     

     

     

    -------------------------------------- AS MEIGAS---------------------------------------

    MÁXIAAAA

     

     As meigas, bruxas, magas...son adoradoras do diaño, poden facer maleficios...para o pobo representan o mal , o pecado.., pero tamén a arma para librarse de dolores, de encantamentos, para adiviñar o futuro.Este amor/temor ás meigas fai que ninguén se atreva a negar a súa existencia: "Eu non creo nas meigas...pero haberlas, hailas"

     

     

     

     

     

     

     

     

    -------------------------------- O MAL DE OLLO -------------------------------------

    TEXTO MIENTRAS CARGA LA IMAGEN

     

     Hai certas persoas capaces de trasmitir polos ollos o que teñen na alma...son persoas perigosas, das que hai que librarse, porque se te envidian ou che desexan mal , cunha mirada bótanche "mal de ollo".Hai que pasar rápido por onde están elas, e evitar miralas fixamente,pois coas súas miradas pódennos mandar enfermidades eternas.É tal o poder que emanan que ó seu paso o rebaño de ovellas espállase, os corvos fuxen despavoridos, o vento sopla con forza ó seu paso.Se algunha delas nos vota o mal de ollo, debemos recurrir a ritos para librarnos del...cousa nada fácil, créanme.

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

    댓글 (1개)

    잠시만 기다려 주세요...
    죄송합니다. 입력한 댓글이 너무 깁니다. 내용을 줄여 보세요.
    입력한 내용이 없습니다. 다시 시도해 보세요.
    죄송합니다. 지금은 댓글을 추가할 수 없습니다. 나중에 다시 시도해 보세요.
    댓글을 추가하려면 부모님의 사용 허락이 필요합니다. 허용 요청
    부모님이 댓글 기능을 해제한 상태입니다.
    죄송합니다. 지금은 댓글을 삭제할 수 없습니다. 나중에 다시 시도해 보세요.
    하루에 남길 수 있는 댓글의 최대 한도를 초과했습니다. 24시간 후에 다시 시도해 보세요.
    회원님의 계정은 다른 사용자에게 스팸 메일을 보낼 수 있다고 여겨지므로 댓글 기능이 비활성화되어 있습니다. 이 설정에 문제가 있다고 생각되면 Windows Live 지원에 문의하시기 바랍니다.
    댓글을 남기려면 아래 보안 검사를 완료해야 합니다.
    보안 검사에 입력한 글자는 그림 또는 오디오에 있는 글자와 일치해야 합니다.

    댓글을 추가하려면 Windows Live ID로 로그인하세요. 핫메일, 메신저 또는 Xbox LIVE를 사용하는 경우 해당 계정을 Windows Live ID로 사용할 수 있습니다.로그인


    Windows Live ID가 없으신가요? 등록

    FisherBob님이 남긴 글:
       Las leyendas de Galicia. Junto con las de Asturias me encantan. No me estraña que existan tantas con los misticos bosques, los verdes valles y ese ambiente que se respira en el ambiente. En este tipo de lugares hace que a uno se le escape la imaginacion que hay en su interior.
    5월 25일

    트랙백

    이 블로그의 트랙백 URL은 다음과 같습니다.
    http://correchousoparaomundo.spaces.live.com/blog/cns!4AB7FE05DC520D82!192.trak
    이 블로그를 참조하는 웹 로그
    • 없음