| Profil de CORRECHOUSOCorrechouso Para O MundoPhotosBlogListes | Aide |
|
9 juin LAZA ,O NOSO AXUNTAMENTOLAZA
LAZA É A NOSA VILA MÁIS CERCANA. CONSERVA A TRANQUILIDADE RURAL E O CONTACTO DIRECTO COA NATURALEZA E TEN Á VEZ TÓDOLOS SERVIZOS: AXUNTAMENTO, CENTRO DE SAÚDE, FARMACIA, COLEXIO "O CASTIÑEIRO" (HASTA SEXTO DE PRIMARIA), VARIAS TENDAS, BANCOS, UNHA PISCINA NATURAL , UN POLIDEPORTIVO, UN ALBERGUE DE PEREGRINOS E POR TER, INCLUSO TEN UNHA BASE DE HELICÓPTEROS DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS.
FESTAS
A festa por excelencia en Laza é o entroido....en realidade non se vive como unha festa normal , senón con verdadeira devoción. Os peliqueiro
s son os mandamáis do entroido, eles mantén o orden e pon a música máis especial eses días. As formigas, o luns , son as responsables de que Laza se poña a rebentar de xente de tódolos lugares, a morena, a bica do peliqueiro, o folión ......todo vale para perdernos entre a xente, porque se algo caracteriza ó entroido de Laza é que te sumerxe na festa, te integra, non eres un mero espectador. Outra festa , de non tanta sona, pero tan cargada de elementos da tradición do pobo é o SANTO CRISTO (1 de maio), nesa festa hai una fermosa procesión a través dos cruceiros do pobo, en cada cruceiro os danzantes deléitannos coas súas danzas, preside a procesión un Adán e unha Eva , a identidade desta última é un dos segredos mais guardados, só se sabe ese mesmo día. Está obligada a non lle rir as gracias ó Adán ,cousa a veces moi difícil.O sinal de que está a punto de comenzar a festa é o "maio" plantado enfrente do axuntamento.
O SAN XOAN, a NOITE CELTA, son outras celebracións na vila.
ACTIVIDADES DE OCIO E TEMPO LIBRE
A variada orografía do axuntamento fan que o sendeirismo, o ciclismo , as rutas sean moi variadas, abundantes e atractivas.
A ruta de Travesa, a ruta da Armada, a pista do Marroquí, a ruta das minas, a Vía da Prata, o val do Támega......
En canto a outras diversións, contamos co polideportivo (pódese alquilar por horas ), as piscinas naturais no río, un campo de fútbol con herba natural ....
Para repoñer forzas , un novo restaurante "Casa Elena" a tres Km se chega de Laza, en Souteliño, ademais dos restaurantes da misma vila.
E xa para dormir conta Laza cun albergue de peregrinos, unha casa rural, e unha pensión....ademais de ofrecer alugueres particulares.
Algún Axuntamento de Laza: 988 42 20 02
Protección Civil de Laza: 988 42 21 12
Centro de saúde: 988 42 22 17
Complexo "O Rebentón": 988 42 20 61
Casa rural "O Boutallón": 988 41 41 72
Albergue de peregrinos: 988 42 21 12
LINKS CON MÁIS INFORMACIÓN DE LAZA
CommentairesPour ajouter un commentaire, connectez-vous avec votre identifiant Windows Live ID (si vous utilisez Messenger ou Xbox LIVE, vous avez un identifiant Windows Live ID). Connectez-vous Vous n'avez pas d'identifiant Windows Live ID ? Inscrivez-vous RétroliensL'URL de rétrolien de ce billet est : http://correchousoparaomundo.spaces.live.com/blog/cns!4AB7FE05DC520D82!220.trak Blogs Web qui font référence à ce billet
|
|
|