| Profil de CORRECHOUSOCorrechouso Para O MundoPhotosBlogListes | Aide |
|
11 juin VERÍN E COMARCA VERÍN
A dezasete kilómetros de Laza e a uns 25 de Correchouso, Verín ofrece todo o que se pode esperar dunha cidade. Vixiada perennemente polo castelo de Monterrei, a escasa distancia da fronteira con Portugal,con numerosísimos atractivos, Verín é o punto de referencia e encontro de toda a comarca que engloba. Cunha oferta de servizos moi numerosa.
INSTALACIÓNS E SERVIZOS
Verín conta cun Hospital e centro de especialidades, centro de saúde, numerosas farmacias, e medicina privada.
Por outro lado temos un polideportivo con piscina cuberta, as piscinas municipais, unha praia fluvial,
e unha oferta numerosísima de supermercados, tendas de roupa, electrodomésticos, móbeis e todo aquelo que se poida necesitar.
AS FEIRAS
Tres veces ó mes, Verín ferve.O día 3, o 11 e o 23. O mercado ó redor da praza atrae a moita xente que non só busca unha boa compra senón tamén atoparse cos coñecidos, charlar con eles....e se se tercia tomar o pulpo.
AS FESTAS
Ou quizás mellor sería falar da FESTA RACHADA. Pola súas características Verín recolle a tódala xuventude dos arredores e un número cada vez máis numeroso de xente de Portugal en busca de diversión.... e non falla nas espectativas, de novo o redor da Praza está cheo de pubs cunha oferta variada en canto a música , que últimamente se amplía polas rúas cercanas. Tamén as discotecas , a última hora da noite (ou sería mellor decir á primeira da máñá) chaman á xente con oferta de espectáculos diversos. Pero as festas locais por excelencia son o Entroido de Verín e o Lázaro . A primeira máis universal, a segunda máis recollida , pero ambas cheas de atractivos. O Entroido en Verín comeza ca gran festa das mulleres, sí, sí, só das mulleres o xoves de Comadres. Cea e diversión só para mulleres ....o encanto desta noite en Verín é que saen as avoas, as nais, as sogras, as tías, as fillas, as sobriñas.....e algún que outro que non se quere perder tal escaparate de "femias" e se disfraza de muller (alguén lles debería explicar que muller non é igual que "puta"....porque máis ven van do segundo...)Tomada por mulleres, Verín vibra.........vibra de verdade.
Os cigarróns son a figura dominante do entroido, eles dirixen os desfiles , moi chamativos, e os seus cencerros son a música ambiental tamén no Entroido de Verín.
O Lázaro, sete semanas despois co entroido (pra dar tempo a recuperarse) é outra festa chea de música, marcha, e xogos para os máis pequenos.
Por último destacar as festas que surxen en Verín no verán, entre as que destaca a "Batukada" (unha reminiscencia do entroido, para todos aqueles que naquelas fechas non poden acudir ) ou o festival folk .
ONDE COMER E DORMIR
A oferta é moi amplia, hoteis, parador, pensións e moitísimos restaurantes. Aquí eu destaco os que para mín son máis atractivos: Para dormir, o Parador, á beira do castelo de Monterrei ou o Hotel Restaurante "O Gallego". Para comer, ademais deses dous tamén me parece destacable
MÁIS INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE
CommentairesPour ajouter un commentaire, connectez-vous avec votre identifiant Windows Live ID (si vous utilisez Messenger ou Xbox LIVE, vous avez un identifiant Windows Live ID). Connectez-vous Vous n'avez pas d'identifiant Windows Live ID ? Inscrivez-vous RétroliensL'URL de rétrolien de ce billet est : http://correchousoparaomundo.spaces.live.com/blog/cns!4AB7FE05DC520D82!221.trak Blogs Web qui font référence à ce billet
|
|
|